10.000 persoas toman Tel Aviv contra a prohibición do Goberno e a favor da poboación palestina

Un chamado polas redes despois dun veto gobernamental convértese na maior concentración contra os ataques á Franxa de Gaza realizada en Tel Aviv, dous días despois dunha de signo contrario.

israel-crop
photo_camera Manifestación por Gaza en Tel Aviv.

Máis de 10.000 israelís protestaron este sábado pola noite na praza Rabin de Tel Aviv, capital de Israel, contra as accións violentas que deixaron xa case 2.000 palestin@s mort@s nas últimas semanas, entre eles multitude de mulleres e nen@s.

A actividade desenvolveuse baixo o lema 'Cambiade a dirección: buscar a paz, afastarse da guerra' e @s manifestantes saíron ás rúas por un chamado en redes sociais, logo de que unha protesta semellante fora prohibida polas autoridades.

Movementos pacifistas e de esquerda en solidariedade co pobo palestino, así como figuras do mundo da política e a cultura israelí como o escritor David Grossman ou a cantante Noa, estiveron participando na mobilización.

A protesta desenvolveuse dous días despois de que milleiros de simpatizantes de dereita e dos movementos ultranacionalistas e pro-colonos celebraran unha manifestación tamén en Tel Aviv para apoiar a intervención militar en Gaza.

Os medios locais informaron de que esta é a maior manifestación contra a guerra desde o último ataque de Israel á Franxa de Gaza.

Máis en Mundo
Comentarios