A Consellaría de Política Social da Xunta da Galiza puxo en marcha un blogue a través da rede de escolas infantís A Galiña Azul. A idea é, segundo comunicado do propio organismo público, “procurar que as nais e pais galegos teñan acceso a xogos, pautas e propostas para entreter aos seus fillos e que continúen aprendendo durante esta etapa de confinamento”.
O primeiro vídeo de benvida é unha canción en castelán interpretada por Rozalén e o grupo Estopa creada en 2017.
As imaxes pertencen a un traballo dos equipos Ourense Centro Interxeracional colaborando o persoal da escola infantil co persoal do centro de día.
A intención da creación deste blogue, segundo Política Social é, “ademais de avanzar no proceso educativos das nenas e nenos de 0 a 3 anos, serve para que as nais e pais coñezan de primeira man o traballo que se desenvolve durante o curso nas escolas infantís da Xunta da Galiza”.