domingo 05.04.2020

Manuel Rivas non asistirá aos actos da RAG nos que estea Feixoo mentres non derrogue o “decretazo” contra o galego

O escritor é membro numerario da Real Academia Galega (RAG).

Manuel Rivas
Manuel Rivas

Son membro numerario da Academia Galega: non asistirei a ningún acto no que estea presente o presidente da Xunta, Feijóo é o nome, e o seu Goberno mentres no deroguen o decretazo de exterminio do idioma galego de 2010”. Conciso e directo, o escritor Manuel Rivas facía este anuncio a través da súa conta de Twitter.

Un anuncio que axiña xerou comentarios nas redes sociais, na súa maioría parabenizando a decisión do escritor. Ante as preguntas de por que daba este paso, o propio Rivas respondeu que “expreso en tuit o que levo tempo facendo”.

O que o Goberno galego do PP denomina 'decreto do plurilingüismo' acumulou nestes anos fortes críticas, situándoo como un elemento clave na desgaleguización no sistema educativo. Informes como o do Consello de Europa apontan á necesidade da súa derrogación, unha postura que ten sido solicitada por numerosos colectivos, entidades e organismos. A propia RAG presentara un recurso contra o que se coñece como 'decretazo'.

comentarios