A Xunta clasifica o galego como 'lingua estranxeira'

A Confederación de Anpas galegas sinala que na web da Consellería de Educación as probas de galego aparecen no apartado de 'lingua estranxeira'. 

anuncio-na-web-da-consellería

Recólleo a web da Confederación de Anpas galegas. Na páxina da rede da Consellería de Educación e Cultura apareceu unha convocatoria para as probas de obtención dos certificados de lingua galega niveis 1,2, 3, 4 para 2014. Un anuncio normal. Se non fose porque a etiqueta e apartado no que estaba incluído era o de 'Lingua estranxeira'.

A Confederación di que a persoa que o detectou púxose en contacto coa Xunta para pedir explicacións. “Curiosamente, non lle contestaron”, mais pouco despois desaparecera esa clasificación.

A Confederación de Anpas Galegas, parafraseando os versos de Rosalía de Castro en Cantares Gallegos – obra coa que a nosa gran escritora nacional ergueu unha bandeira na defensa do noso idioma e que aínda está en vigor- reitera que nas cuestións do idioma, tamén no ensino, non quere "ser estranxeira na súa Patria”

Comentarios