Un vídeo da Mesa evidencia as dificultades de ser atendido en galego na Axencia Tributaria

A entidade sinala que premer a opción de galego na atención telefónica o servizo “está colapsado”. Vídeo no interior.

Despois de varias denuncias recibidas na Liña do galego sobre as deficiencias na atención telefónica en galego por parte da Axencia Tributaria, A Mesa decidiu dar o paso “e comprobar directamente” esa realidade. Unha experiencia que recolle nun vídeo que en apenas unhas horas xa recibiu máis de mil visitas. Premer na opción de ‘galego’ e entrar nun “bucle” no que é imposíbel materializar a opción. “Só con moita insistencia e algo de sorte aparece alguén que amabelmente se ofrece a atender en galego malia termos marcado a opción correspondente”.

Mais na maior parte dos casos, reiteran, non é así e ser atendido telefonicamente en galego é unha tarefa case que imposíbel, “polo que Facenda non somos todos”. A Mesa lembra que 2040 traballadores de centros de chamadas en Galiza perderon o emprego vítimas da “deslocalización” e do “desprezo pola lingua”.

Comentarios