Presentación en Galiza do Protocolo internacional de garantía dos dereitos lingüísticos

O documento é a continuación da Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos.

26472555043_cd9a6ea54c_z
photo_camera Imaxe: GZFotos

O protocolo internacional de garantía dos dereitos lingüísticos é un documento que parte da Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos, avogando pola igualdade entre as diferentes linguas e polo desenvolvemento daquelas que están en situación de desvantaxe. Este documento será elaborado grazas ás achegas e contribucións de axentes sociais e ás recomendacións dun Comité Científico. O texto definirá as condicións mínimas necesarias para garantir os dereitos lingüísticos do conxunto da cidadanía. As conclusións do proceso de elaboración serán presentadas en Donostia no mes de decembro de 2016, no marco da Capitalidade Europea da Cultura.

O Salón de actos da Faculdade de Filosofía da USC, acollerá esta terza feira, 24 de maio, o acto de presentación en Galiza dese protocolo, un acto organizado conxuntamente pola Universidade de Santiago e A Mesa pola Normalización Lingüística. Contará coa presenza de Paul Bilbao (Secretario Xeral de Kontseilua- consello de entidades do eúscaro- e representante de Donostia 2016), María do Pilar García Negro (profesora da UdC e membro do comité científico internacional), María do Carme Silva (Vicerreitora da USC) e Marcos Maceira (presidente da Mesa).

Comentarios