Palabras con memoria: limpando

Nova edición das 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres.
Adóitase usar 'aldau' para referirse a un rapo ou pano de cociña (Foto: dusanpetkovic1 / Adobe Stock).
photo_camera Adóitase usar 'aldau' para referirse a un rapo ou pano de cociña (Foto: dusanpetkovic1 / Adobe Stock).

acuanar.- Amañar, arranxar, achanzar. Incluso aplicábel ás persoas.

Exemplo.- “Acuánate un pouco, que estás mal aseado.”

Lugar de escoita.- Zona de Castrelo (Forcarei).

Fonte.- Manuel Cabada Castro.

aldau.- Trapo ou pano de cociña.

Exemplo.- “Dáme de aí ese aldau.”

Lugar de escoita.- San Xulián (Marín).

Fonte.- Sé Anxo Rosales González.

escalduxar.- Batuxar, lavar superficialmente, con pouca auga.

Exemplo.- “Con escalduxares o vaso abonda, que non che teño noxo.”

Lugar de escoita.- Nois (A Mariña luguesa).

Fonte.- Marco Candia.

folgazán.- (Ademais de significados obvios) Fregona, utisilio semellante á vasoira empregado para fregar o chan.

Exemplo.- “Colle o folgazán e seca esta auga que me caeu no chan.”

Lugar de escoita.- Burela.

Fonte.- Mario Ferreira López.

martabela.- (Ademais de significados xa rexistrados) Arca con fecho que se empregaba para gardar a roupa. Tamén martadela.

Exemplo.- “Dunha arca de madeira que se chama martabela.”

Lugar de escoita.- Sto. Adrián de Cobres (Vilaboa do Morrazo).

Fonte.- Sé Anxo Rosales González.

Comentarios