Palabras con memoria: cultivando

Nova edición das 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres.
É moi importante respectar as distancias de cultivo na horta (Foto: Freepick)
photo_camera É moi importante respectar as distancias de cultivo na horta (Foto: Freepick)

acaneirar.- Facer regos nos prados para facilitar o regadío por todo o prado. Cómpre facelos cunha sacha e dereitiños.

Lugar de escoita.- Canices- Piñor- Cea.

Fonte.- Antonio Moure Narón.

corvello.- Cornello ou cornecho.

Lugar de escoita.- Agolada.

Fonte.- Manuel Cabada Castro.

cucar (2).- Ter as fabas o verme.

Exemplo.- “Se queres que non se che cuquen as fabas, méteas no conxelador.”

Lugar de escoita.- Burela (Mariña luguesa).

Fonte.- Mario Ferreira López.

guizos.- (Ademais doutros significados rexistrados) Varas longas de madeira espetadas na terra por onde gabean as plantas das fabas.

Lugar de escoita.- A Pobra do Brollón e comarca.

Fonte.- Orcelina Parada Cortiñas.

ratuneira.- Morea de peras ou mazás verdes que se poñen na palla ou na herba seca para que maduren.

Lugar de escoita.- O Courel.

Fonte.- Dun vocabulario courelao.

Comentarios