Laura Borràs, a un paso de xuízo por presunta corrupción

O Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya fecha a instrución e pide á Fiscalía que presente no prazo de 10 días o escrito de acusación contra a presidenta do Parlament.

A presidenta do Parlament de Catalunya e líder de Junts, Laura Borràs, nunha sesión plenaria. (Foto: David Zorrakino / Europa Press).
photo_camera A presidenta do Parlament de Catalunya e líder de Junts, Laura Borràs, nunha sesión plenaria. (Foto: David Zorrakino / Europa Press).

O maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Catalunya (TSXC) Jordi Seguí solicitou á Fiscalía que se pronuncie sobre a apertura de xuízo oral contra a presidenta do Parlamento de Catalunya, Laura Borràs, pola causa aberta contra ela pola xestión á fronte da Institución das Letras Catalanes (ILC) entre 2013 e 2017.

Seguí finalizou a instrución no mes de marzo, mais pouco despois tivo que parar a apertura de xuízo oral porque recoñeceu, a pedimento da defensa de Borràs, que se vulnerou o dereito da defensa, xa que non tivera todo o tempo para estudar a documentación.

Nos últimos meses levou a cabo novas investigacións, incluída a declaración de máis testemuñas sobre os supostos contratos irregulares dos que se lle acusa. Agora, o xuíz fechou a instrución do caso e dá dez días ao Ministerio Público para presentar escrito de acusación na causa que acelerar a saída da do Parlament da súa presidenta e líder de Junts per Catalunya.

Borràs é investigada pola presunta adxudicación irregular a un amigo, Isaías Ferreiro, de 18 contratos por valor de 259.863 euros, o que podería constituír un delito de prevaricación e un de malversación de fondos, entre outros.

Proceso xudicial

A instrución do caso iniciouna un xuíz de Barcelona, pero pasou ao Tribunal Supremo español, cando Borràs foi elixida deputada no Congreso. Alí negouse a declarar. Despois, caso pasou ao TSXC, cando Borràs saíu elixida presidenta do Parlament.

A causa está aberta polos delitos de prevaricación, fraude administrativa, falsificación de documento mercantil e malversación de fondos públicos. Calcúlase que os sete contratos adxudicados de forma sospeitosa suman uns 132.000 euros.

Entre marzo de 2013 e febreiro de 2017, o ILC adxudicou 18 contratos menores sobre a súa web por un valor total de 330.000 euros.

Segundo a instrución, Borràs interveu, "propoñendo a contracción, acordando a adxudicación, aprobando o gasto, certificando a execución do servizo, conformando a factura correspondente e autorizando finalmente o pago". Destes contratos, dous foron adxudicados a Isaías Ferreiro, por un importe total de 112.500 euros, e un a outro investigador, por 20.050 euros.

Comentarios