As contas da casa real española en 2021: máis de 500.000 euros en salarios e 307 agasallos

O orzamento total da Zarzuela en 2021 ascendeu a 8,43 millóns de euros.

O rei español Felipe VI preside o desfile militar onte en Madrid. (Foto: Casa Real)
photo_camera O rei español Felipe VI preside o desfile militar onte en Madrid. (Foto: Casa Real)

A casa real española fixo públicas as contas de 2021, como vén facendo todos os anos desde que Felipe VI reina no Estado. Até agora, a fiscalización dos ingresos e gastos da monarquía era a cargo da Intervención Xeral do Estado. A partir de 2022, a supervisión financeira pasará a ser competencia do Tribunal de Contas, tal e como estabelece o decreto de medidas de transparencia aprobado polo Goberno español o pasado 26 de abril.

En total, a casa real recibiu en 2021 un total de 507.700 euros en soldos e 307 agasallos -na súa maioría dirixidos a Felipe VI-, entre eles unha xerra, unha espada tradicional, varios sombreiros, unha pandeireta ou peluches. Nin rastro, porén, do jet co que Juan Carlos de Borbón chegou a Galiza hai pouco máis dunha semana, o pasado 19 de maio. Iso si, o orzamento total da Zarzuela, que ascendeu a 8,43 millóns en 2021, non está totalmente executado. Aforráronse 890.000 euros

Segundo o informe de execución orzamentaria difundido pola Zarzuela, a familia real percibiu 507.700 euros en concepto de salarios en 2021. Isto supón que se executou 100% da partida salarial do rei Felipe VI, 253.843 euros; a raíña Letizia, 139.605 euros, e a raíña emérita Sofía, 114.231 euros.

A familia real percibiu 507.700 euros en concepto de salarios en 2021. O rei Felipe VI, 253.843 euros; a raíña Letizia, 139.605 euros, e a raíña emérita Sofía, 114.231 euros.

O orzamento da casa do rei, que foi de 8,43 millóns de dólares o ano pasado, non se executou totalmente. En concreto, aforráronse un total de 890.000 euros.

Partidas

Para as partidas orzamentarias, a execución foi a seguinte. No caso dos gastos de persoal, estimados en 4.009.332 euros, a cantidade executada foi finalmente de 3.861.989 euros. Neste capítulo inclúense os salarios da alta dirección, persoal directivo e laboral da casa real.

Os seus salarios aumentaron nunha porcentaxe equivalente á prevista para o persoal do sector público, é dicir, un 0,9%. Ademais, nesta partida tamén se inclúen complementos retributivos que poden ser asignados a outro persoal que preste servizos.

En canto aos gastos correntes en bens e servizos, orzamentáronse en 2.791.529 euros, o que supón un incremento do 5,68% con respecto a 2020, dos que ao final só se executaron 2.329.623 euros. Inclúense neste epígrafe os arrendamentos, reparacións e mantemento, a adquisición de diversos materiais e subministracións, as comunicacións, as realizadas con motivo da actividade protocolaria e representativa da familia real, os gastos de desprazamento con motivo da asistencia a eventos, etc.

Comentarios