luns 20.01.2020
Non terán liberdade de circulación

A nova política migratoria da UE, o norte paga o sul para que acolla as refuxiadas

O acordo de mínimos entre os Estados membros dita a eliminación da cota de acollida para o fluxo de persoas que chegan desde África

A nova política migratoria da UE, o norte paga o sul para que acolla as refuxiadas

Na madrugada desta sexta feira e após prolongadas negociacións, os 28 Estados membros da Unión Europea chegaban a un consenso arredor dun acordo de mínimos sobre a política migratoria comunitaria. A cota de acollida deixa de existir [os Estados antes comprometíanse a receber un número determinado de persoas, agora xa non] e isto resulta nun aumento de responsabilidades sobre os países mediterráneos, que recibirán máis fondos dos países do norte para afrontar a xestión do fluxo migratorio que chega aos seus portos.

Migrantes e solicitantes de asilo non poderán gozar de libre circulación polo continente, senón que ficarán no Estado que os acolla. Concretamente, ficarán dentro de "centros específicos nos que esas persoas estean controladas". Cos acordos sobre a mesa, a chanceler alemá Angela Merkel amosouse "optimista" ante un pacto que favorece a redución de chegada de migrantes ás súas fronteiras.

Pola súa banda, o presidente do goberno español, Pedro Sánchez, admitiu que "non é o mellor dos acordos, mais é importante e camiña na dirección de dar unha perspectiva europea a un desafío que é europeo como a migración". Segundo explicou o xefe do Executivo, o Estado español xa conta "cun despregamento perfectamente instrumentado" para asumir o desembarco de persoas migrantes que será axudado por estes recursos económicos comunitarios.  Alén diso, o Consello acordou axudar aqueles países de tránsito de migración cara Europa como pode ser Marrocos.

comentarios