Un terremoto de magnitude 7,4 afecta o centro de México na conmemmoración dos sismos de 1985 e 2017

Polo de agora descoñécense os danos.
Un hospital afectado polo terremoto. (Foto: Twitter)
photo_camera Un hospital afectado polo terremoto. (Foto: Twitter)

Un terremoto de magnitude 7,4 sacudiu esta segunda feira o centro de México. O epicentro deste tremor estivo situado a 63 quilómetros ao sur de Coalcoman, no estado de Michoacán, de acordo coas primeiras informacións proporcionadas polo Servizo Sismolóxico Nacional de México.

Precisamente, o país centroamericano conmemoraba hoxe o aniversario dos sismos rexistrados o 19 de setembro de 1985 e de 2017. Precisamente, unha hora antes do sismo,  levárase a cabo un exercicio de macrosimulacro a nivel estatal.

No ano 1985, un terremoto de magnitude 8,1 rexistrado no estado de Guerrero deixou máis de 20.000 persoas mortas, na súa maioría localizadas na capital do país.

Pola súa parte, o sismo de 2017 deixou 370 mortos, despois de que se rexistrara un tremor de magnitude 7,1.

Reaccións institucionais

O presidente de México, Andrés Manuel López Obrador, trasladou nun primeiro momento a súa preocupación polo ocorrido. “Imos comezar a recoller información, desexamos de todo corazón que non pasara nada grave”.

A xefa de Goberno de Cidade de México, Claudia Sheinbaum, explicou que “até o momento non se reportaron danos na cidade”, ao tempo que detallou que “cinco cóndores da Secretaría de Seguridade Cidadá da Cidade de México seguen a facer sobrevoo”.

[En ampliación]

comentarios