Rusia publica un suposto documento ucraíno sobre unha "ofensiva no Donbás" para marzo de 2022

"O Ministerio de Defensa de Rusia publica o orixinal da orde secreta do  comandante da Garda Nacional de Ucraína, Nikolai Balan", afirmou o portavoz ruso.
Vehículo militar ruso cruzando a fronteira do país con Ucraína. (Foto: Mikhail Voskresenskiy/Sputnik/ContactoPhoto)
photo_camera Vehículo militar ruso cruzando a fronteira do país con Ucraína. (Foto: Mikhail Voskresenskiy/Sputnik/ContactoPhoto)

O medio dixital Russia Today fíxose eco da publicación de supostos documentos do Goberno ucraíno de Kíiv por parte do Ministerio de Defensa da Federación Rusa, que "confirman a preparación dunha ofensiva no Donbás en marzo de 2022".

Segundo o portavoz do Ministerio de Defensa, Igor Konashénkov, o documento, que data do pasado 22 de xaneiro, estaba dirixido a diferentes departamentos territoriais da Garda Nacional ucraína na zona norte de Kíiv, o sur de de Odesa e o leste do país.

"O Ministerio de Defensa de Rusia publica o orixinal da orde secreta do  comandante da Garda Nacional de Ucraína, Nikolai Balan", afirmou o portavoz, na que "se describe detalladamente a preparación dun dos grupos de ataque para as ofensivas na zona da denominada 'operación de forzas conxuntas' no Donbás". 

Explicou tamén que a orde trataba "sobre a organización da preparación do grupo táctico do batallón da 4ª brigada operativa de tarefas de realización de tarefas de combate (especiais) na operación das forzas conxuntas como parte da brigada das Forzas Armadas de Ucraína".

Apoio estadounidense e británico

No documento apróbase, e sempre sengundo a versión do Goberno ruso, "o apoio integral e a reasignación" deste grupo táctico á 80ª brigada de asalto aéreo independente de Ucraína.

Konashénkov afirmou que "desde 2016 esta formación de tropas de asalto aéreo de Ucraína foi entrenada por instrutores estadounidenses e británicos baixo os programas de adestramento 'estándar da OTAN' en Lviv.

No momento de comezar a ofensiva rusa en solo ucraíno, o presidente de Rusia, Vladimir Putin, xustificou a "operación militar especial" na protección das repúblicas populares de Donetsk e Luhansk, na zona do Donbás, e asegurou que as tropas non se despregarían máis aló deste territorio, aspecto que finalmente o dirixente ruso non cumpriu.

A zona do Donbás leva no foco do conflito desde o 'Euromaidan' do 2014, cando após o golpe de Estado ao Goberno ucraíno na altura, Donetsk e Luhansk, cuxa poboación ten maioritariamente orixe rusa, declaráaronse independentes. Kíiv non aceptou esa independencia, e iniciou os bombardeos aos dous territorios a cargo do batallón Azov, ultradereitistas e neonazis que causaron 14.000 mortos civís nestes 8 anos.

Comentarios