As protestas agrarias en Portugal cortan a ponte Vasco da Gama

A UE simplificará o proceso para acceder á PAC
Estrada cortada a quinta feira polas labregas e labregos lusos. (Foto: Andrés Rodríguez / Europa Press)
photo_camera Estrada cortada a quinta feira polas labregas e labregos lusos. (Foto: Andrés Rodríguez / Europa Press)

A ponte Vasco da Gama, na área metropolitana de Lisboa, a capital portuguesa, foi cortada hoxe polas autoridades locais por unha marcha lenta de 200 tractores, no segundo día das protestas das e dos labregos en Portugal, no que tamén se produciron bloqueos de estradas noutras partes do país. A titular de Agricultura, Maria do Céu Antunes, reuniuse co sector, e comprometeuse a levar respostas ás súas inquedanzas nunha xuntanza a vindeira semana.

Mentres que en Francia a meirande parte das e dos agricultores xa puxeron fin ás protestas logo das concesións do Goberno e da Unión Europea (UE), en Italia, o líder das mobilizacións no rural, Danilo Calvani, proclamou que “levaremos a protesta a Roma”. Tamén se intensificaron as accións en Bélxica, con múltiples bloqueos nos centros de distribución das cadeas de supermercados.

En paralelo, o Executivo da UE confirmou que está a preparar un paquete que simplificará o proceso administrativo da Política Agraria Común (PAC), e que será votado polos Estados membros antes do final de febreiro.

Comentarios