O novo Goberno español, nome a nome

Cae José Manuel Miñóns de Sanidade. As únicas galegas no Executivo estatal son Yolanda Díaz e Nadia Calviño. O PSOE recupera a carteira de Igualdade con Ana Redondo. O novo Consello de Ministros mantén o mesmo número de cadeiras e a paridade do anterior.
Os novos ministros e ministras de Pedro Sánchez.
photo_camera Os novos ministros e ministras de Pedro Sánchez.

O presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, ultima esta mañá o seu novo Goberno, que prevé dar a coñecer hoxe mesmo. A estas alturas xa se sabe que a anterior ministra, María Jesús Montero, foi ascendida a vicepresidenta cuarta.

Durante esta pasada lexislatura, a titular de Facenda tivo un papel fundamental en materia orzamentaria, e agora compaxinará esta mesma función mentres ocupa a vicepresidencia. Sánchez tamén fichou como ministro de Industria o ex alcalde de Barcelona, ​​Jordi Hereu. Pola súa parte, Ángel Víctor Torres, ex presidente de Canarias, será o ministro de Política Territorial e Memoria Democrática.

A formación do Executivo prodúcese despois de que a semana pasada o bloque de investidura dera 179 votos a Sánchez para ser reelixido presidente. A sexta feira prestou xuramento diante de Felipe VI, e esta segunda feira prevé completar o traballo cunha executiva de perfil político "máis alto". Posibelmente, Podemos non terá ningunha cadeira nogGoberno, o que alargaría a diferencia entre o partido e Sumar.

Co ascenso de Montero amplíanse a catro as vicepresidencias do Goberno español, todas elas mulleres. Así, ademais de Montero, Sánchez revalidará as tres vicepresidencias da pasada lexislatura: Nadia Calviño, vicepresidenta primeira; Yolanda Díaz, segunda; e Teresa Ribera, vicepresidenta terceira. Na executiva seguen tamén Fernando Grande-Marlaska, José Manuel Albares, Margarita Robles e Luis Planas.

Quen non continúa é José Manuel Miñóns. O que fora alcalde de Ames poloPSdeG e delegado do Goberno español na Galiza tomou posesión como ministro o pasado 28 de marzo. 

Composición do novo Goberno español: 

Presidente do Goberno español: Pedro Sánchez

Vicepresidenta primeira: Nadia Calviño (Economía) 

Vicepresidenta segunda: Yolanda Díaz (Traballo). 

Vicepresidenta terceira: Teresa Ribera (Transición Ecolóxica)

Vicepresidenta cuarta: María Jesús Montero (Facenda e Función Pública)

Ministro de Xustiza e Presidencia: Félix Bolaños

Ministro de Asuntos Exteriores, UE e Cooperación: José Manuel Albares

Ministra de Defensa: Margarita Robles

Ministra de Igualdade: Ana Redondo

Ministro do Interior: Fernando Grande-Marlaska

Ministro de Transportes: Óscar Puente

Ministra de Educación, Deportes e portavoz do Goberno: Pilar Alegría

Ministra de Vivenda e Axenda Urbana: Isabel Rodríguez

Ministro de Industria: Jordi Hereu

Ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación: Luis Planas

Ministro de Política Territorial e Memoria Democrática: Ángel Víctor Torres

Ministro de Cultura: Ernest Urtasun

Ministra de Sanidade: Mónica García

Ministro de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030: Pablo Bustinduy

Ministra de Ciencia, Innovación e Universidades: Diana Morant

Ministro de Transformación Dixital: José Luis Escrivá

Ministra de Seguridade Social e Políticas Migratorias: Elma Saiz

Ministra de Infancia e Mocidade: Sira Rego

Comentarios