Novas páxinas do caso Epstein mostran como captaba menores

A Xustiza desclasifica parte da investigación.
Ghislaine Maxwel e Jeffrey Epstein nunha foto de arquivo. (Foto: US ATTORNEY OFFICE / 
 ZUMA PRESS /  CONTACTOPHOTO)
photo_camera Ghislaine Maxwel e Jeffrey Epstein nunha foto de arquivo. (Foto: US ATTORNEY OFFICE / ZUMA PRESS / CONTACTOPHOTO)

A segunda xeira de documentos desclasificados relacionados co caso do multimillonario Jeffrey Epstein, acusado de pedofilia e tráfico de menores que chegou a relacionarse con grandes personalidades, mostran en máis de 300 páxinas a maneira en que captaba adolescentes para levalas á súa residencia en Florida. 

Epstein e a súa moza na altura pedían as menores –que non tiñan experiencia en dar masaxes– convidar as súas amigas á residencia da parella a cambio de "pagamentos adicionais".

Os documentos, cuxa primeira desclasificación tivo lugar na cuarta feira, e dos que se agardan máis difusións nos próximos días, son os primeiros en publicarse en relación ao mencionado caso. As páxinas poderían incluír até 200 nomes entre os que se encontrarían tanto acusadores de Epstein, empresarios destacados e figuras políticas. 

A pesar de que parte desta información foi publicada por diferentes medios de comunicación ao longo do tempo, é a primeira vez que aparece reflectida en documentación oficial, que recolle declaracións, correos electrónicos e outro tipo de documentos. 

Estes informes son parte dun caso de difamación de 2015 presentado por Virginia Giuffre contra Ghislaine Maxell, ex moza de Epstein que colaboraría nos abusos a menores de idade.

O multimillonario foi arrestado en xullo de 2019 por cargos de abuso sexual e tráfico de decenas de nenas a comezos dos anos 2000. Epstein suicidouse aforcándose na súa cela nun cárcere de Nova York en agosto de 2019 após unha serie de "neglixencias e erros", segundo o Departamento de Xustiza dos Estados Unidos de América.

Comentarios