As protestas no Irán deixan polo menos 40 crianzas mortas

Entre 277 e 341 persoas faleceron desde o estourido hai case dous meses das protestas contra as autoridades iranianas pola morte baixo custodia da moza Mahsa Amini por levar mal posto o veo.
Protestas no Irán (Foto: Aapimage / DPA).
photo_camera Protestas no Irán (Foto: Aapimage / DPA).

Entre 277 e 341 persoas faleceron desde o estourido hai case dous meses das protestas contra as autoridades iranianas pola morte baixo custodia da moza Mahsa Amini por levar mal posto o veo.

Segundo a ONG Human Rights Activists News Agency (HRANA), con sede en Estados Unidos, entre os 341 falecidos que constata hai polo menos 47 nenos e 38 efectivos das forzas de seguridade.

14.000 detidos

A iso hai que engadir uns 14.000 detidos polas protestas, que se estenderon a máis de 130 localidades do país, segundo o seu balance deste sábado, publicado na súa conta de Twitter.

Pola súa parte, a ONG Iran Human Rights cifra os falecidos en 277 até a pasada cuarta feira, entre eles 40 menores de idade.

A organización, que lembra que estas estimacións son un "mínimo absoluto", constata falecidos en 22 provincias, coa maior cantidade reportada en Sistán e Baluchistán, Mazandaran, Teherán, Kurdistán e Gilan, respectivamente.

A versión oficial

Medios oficiais iranianos informaron aproximadamente duns 40 falecidos até finais de setembro, dúas semanas despois da morte de Amini, unha versión que difire claramente da das ONG.

Comentarios