Detid@s 21 kurd@s en Francia e o Estado español por relación co PKK

A xendarmería detivo a 15 persoas en Francia e a Policía a seis en España en senllas operacións contra o que ambos os dous estados califican de redes de financiamento do PKK (Partido dos Traballadores do Kurdistán) e de sostén da loita armada
PKK

As forzas de seguridade de Francia e España veñen de deter a un total de 21 persoas por estaren relacionadas, sinalan os departamentos de interior de ambos os dous estados, co financiamento do PKK, o Partido dos Traballadores do Kurdistán.

No país galo foron arrestados 15 kurdos, acusados de procurar fondos entre a comunidade kurda residente nese estado para soster a loita armada. En España os detidos foron seis (catro en Madrid, un en Barcelona e un en Murcia), sob a mesma acusación de formar parte da rede de financiamento do PKK. Aliás, a policía española tamén os vencella co 'aparato de propaganda' do PKK en Europa.

O PKK é considerado pola Unión Europea, EEUU e Turquía unha organización terrorista. Fundado en 1978, o PKK protagonizou a resistencia armada do Kurdistán contra a ocupación, nomeadamente a de Turquía.

Comentarios