A Comunidade de Madrid e o Estado achegan posturas para as limitacións da Covid-19

O principio de acordo acadado esta terza feira recolle que haxa uns criterios unificados para aplicar limitacións ou prohibicións nos municipios de máis de 100.000 habitantes. As decisións naqueles de menor poboación dependerán dos gobernos autonómicos.
EuropaPress_3347746_vicepresidente_consejero_deportes_transparencia_portavoz_comunidad_madrid
photo_camera Un instante da reunión do grupo Covid-19 de hoxe. (Foto: Óscar J.Barroso / Europa Press)

O Executivo da Comunidade de Madrid e o Goberno do estado español acadaron esta tarde un principio de acordo para estabelecer restricións ligadas á pandemia cun criterio homoxéneo nos grandes concellos. O achegamento entre as dúas partes chegou no marco da reunión do Grupo Covid-19, no que se falou de que os municipios de máis de 100.000 habitantes serán tratados de maneira igualitaria.

De feito, no encontro de traballo foise máis alá ao marcar esta forma de actuar tanto para a Comunidade de Madrid como para o resto de territorios.

Polo momento, a aplicación farase na comunidade gobernada por Isabel Díaz Ayuso.Porén, o facer efectiva esa medida dependerá da aprobación na reunión do Consello Interterritorial que decorre mañá.

Doutra banda, as e os mandatarios e o equipo científico convocados á mesa decidiron que, no caso da afección do virus a localidades de menos de 100.000 habitantes, dependerá das autonomías tomar medidas prohibitivas.

Esto aplicarase tanto na mobilidade como no feche ou limitación de capacidade en negocios para frear contaxios, así como no número máximo de persoas que poden reunirse, entre outras cuestións.

Os días de críticas e ataques mutuos rematan, cando menos polo de agora, grazas á reunión convocada polo vicepresidente da Comunidade de Madrid, Ignacio Aguado.

Este apostou na “unidade” e pediu que se deixara de lado “o ring de boxeo”.


 

Comentarios