domingo 19/09/21

O Estado español xa é líder en mortes por Covid en Europa

A mediados de agosto, o Estado español era o noveno en termos de mortalidade de Covid.
Test rápido da COVID-19  (Europa Press).
Test rápido da COVID-19 (Europa Press).

O Estado español é desde principios de agosto líder europeo en infeccións por coronavirus semanais. Agora tamén o é en falecementos por Covid-19, superando a Romanía, que até agora ocupaba ese posto.

Así o indica Nació Digital, que  informa que a ratio de positivos segue crecendo, situándose xa en 319,9 por 100.000 habitantes en dúas semanas, segundo os datos do Centro Europeo de Prevención e Control de Enfermidades.

A alta incidencia de coronavirus en infeccións detectadas durante case dous meses - en comparación con outros estados - traduciuse lentamente en mortes por mor da pandemia.

A mediados de agosto, o Estado español era o noveno en termos de mortalidade de Covid e hai un mes era o terceiro, por detrás de Romanía e Bulgaria, con niveis estrañamente altos en relación aos positivos detectados, especialmente o primeiro.

Sexa como for, o Estado español converteuse finalmente no líder das recentes mortes por coronavirus, con 31,6 por cada millón de habitantes, en dúas semanas, superando os 27,1 en Romanía, os 26,3 en Malta ou o 13 de Croacia.

comentarios