Austria confina a poboación non vacinada

Este sábado as autoridades sanitarias austríacas notificaron uns 13.000 novos contaxios e 48 persoas falecidas por Covid-19. O confinamento comezará esta mesma medianoite.

O chanceler austríaco, Alexander Schallenberg, anunciando o confinamento (Georg Hochmuth / APA / Dpa).
photo_camera O chanceler austríaco, Alexander Schallenberg, anunciando o confinamento (Georg Hochmuth / APA / Dpa).

Algúns países europeos comezaron a tomar medidas polo aumento dos contaxios producidos nos últimos días.

Este mesmo domingo, o Goberno austríaco anunciou a entrada en confinamento da poboación non vacinada do país tras rexistrar nos últimos días un medre dos positivos sen precedentes desde o inicio da pandemia.

A medida anunciouna o chanceler do país, Alexander Schallenberg, tras un encontro coas e cos gobernadores estatais.

“Non nos tomamos este paso á lixeira, mais lamentabelmente é preciso”, dixo o chanceler.

Segundo informou o propio chanceler, a iniciativa afectará aproximadamente ao 35% da poboación do país, uns dous millóns de persoas.

Comezará esta medianoite

A medida entrará en vigor a partir desta próxima medianoite, segundo informa a radiotelevisión pública austriaca ORF.

Con esta iniciativa, a poboación non vacinada só poderá saír da súa vivenda por motivos urxentes como ir comprar, ao médico, para traballar ou estudar. As infraccións poderán ser castigadas con elevadas multas.

Segundo un borrador da iniciativa filtrado a última hora do sábado e recolleito pola axencia de noticias DPA, está previsto a súa prolongación, en principio, até o 24 de novembro.

Comentarios