Os mortos palestinos por ataques israelís xa suman 156 no que vai de ano após unha nova redada

Segundo o Ministerio de Sanidade palestino, as vítimas mortais foron Fathi Jihad Rizq, de 30 anos, Abdullah Yousef Abu Hamdan, de 24, e Mohammad Bilal Zeitoun, de 32, segundo informou a axencia de noticias palestina 'Wafa'.
Un edificio destruído en Gaza tras un ataque isarelí (Foto: Europa Press / Contacto / Mahmoud Issa).
photo_camera Un edificio destruído en Gaza tras un ataque isarelí (Foto: Europa Press / Contacto / Mahmoud Issa).

Un asalto a grande escala levado a cabo esta segunda feira polas forzas israelís contra o campo de refuxiados de Balata en Naplusa, no norte de Cisxordania, deixou polo menos tres palestinos mortos, segundo informou unha fonte oficial.

Segundo o Ministerio de Sanidade palestino, as vítimas mortais foron Fathi Jihad Rizq, de 30 anos, Abdullah Yousef Abu Hamdan, de 24, e Mohammad Bilal Zeitoun, de 32, segundo informou a axencia de noticias palestina Wafa.

Feridos

A fonte indicou que o asalto israelí tamén deixou seis persoas feridas, entre elas dous menore156s.

Durante a redada, as forzas israelís irromperon en decenas de casas do campamento e fixeron estoupar unha casa familiar, ferindo dous menores con metralla. Cos asasinatos desta segunda feira, o exército israelí matou polo menos 156 palestinos este ano, incluídos 26 menores.

Tras os asasinatos, o portavoz da Presidencia palestina, Nabil Abu Rudeineh, condenou a incursión israelí.

O funcionario afirmou que é unha “verdadeira masacre e unha continuación da guerra total de Israel contra Palestina”.

Sinalou que a continua agresión contra a cidade de Naplusa, as súas aldeas e campamentos por parte das forzas de ocupación e dos colonos extremistas é un “gran crime de guerra e castigo colectivo que debe rematar inmediatamente”.

Comentarios