ISIS ataca Afganistán e Siria durante o final do Ramadán

A asociación terrorista Estado Islámico vén de realizar ataque em Afganistán e no leste de Siria durante a última semana de Ramadán. Pola súa parte, forzas israelitas irromperon nos ritos da festividade musulmá ferindo decenas de persoas falecidas.
Persoas rezando en Palestina na última sexta do Ramadán. (Foto: Jeries Bssier / APA Images via ZUM / DPA)
photo_camera Persoas rezando en Palestina na última sexta do Ramadán. (Foto: Jeries Bssier / APA Images via ZUM / DPA)

Polo menos cinco persoas faleceron e unha vintena resultaron feridas por unha explosión rexistrada esta sexta feira nunha mesquita da capital de Afganistán, Cabul.

A explosión tivo lugar no barrio de Jalifa Sahib, no sur da cidade, durante as tradicionais oracións da sexta feira do Ramadán.

Testemuñas da explosión apuntaron que o número de mortes podería ser elevado debido ao gran número de persoas que resultaron hospitalizadas.

Aínda que de momento non se confirmou a natureza da explosión, coincide co patrón exhibido en ataques con bomba perpetrados habitualmente pola filial afgá da organización xihadista Estado Islámico (ISIS) contra as mesquitas do país, que teñen deixado decenas de falecementos durante os últimos meses.

Atentado no leste de Siria

A acción terrorista da organización xihadista ISIS deixou tamén esta semana, cando menos, sete persoas falecidas máis no leste de Siria nun ataque contra a vivenda dun alto cargo local na provincia siria de Deir Ezzor durante a pausa do xaxún polo Ramadán. ISIS perpetrou decenas de atentados en Siria este ano.

Novo ministro de Defensa

O presidente de Siria, Bashar al Assad, nomeou nesta sexta feira a Alí Mahmud Abbas como novo ministro de Defensa sirio.

O enviado especial de Nacións Unidas para Siria, Geir Pedersen, manifestou esta semana que o de Siria "é un conflito quente, non un conxelado" e resaltou que nas últimas semanas houbo un reponte dos combates no nordés do país.

Decenas de persoas palestinas resultan feridas

Decenas de persoas palestinas resultaron feridas na sexta feira no marco dos novos incidentes rexistrados na Explanada das Mesquitas, coincidindo cos rezos da última sexta feira do mes de Ramadán, despois de que as forzas israelitas irrompesen empregando gases lacrimóxenos e balas de goma na Mesquita da al Aqsa.

Comentarios