22 razóns polas que EUA non debe atacar Siria

Michael T. Snyder, avogado, escritor, activista político e famoso blogger americano achega polo menos 22 razóns polos que atacar Siria é "unha mala idea ". Advirte que o clima belixerante de Estados Unidos podería volverse na súa contra.

Armada EUA

Michael T. Snyder, avogado, escritor, activista político e famoso blogger americano achega polo menos 22 razóns polos que atacar Siria "unha mala idea ". Advirte que o clima belixerante de Estados Unidos podería volverse na súa contra.

1. A cidadanía de Estados Unidos está esmagadoramente contra o inicio dunha guerra en Siria.

2. Actualmente, unha guerra en Siria é máis impopular entre @s cidadáns que entre os congresistas

3. A administración Obama non conseguiu a aprobación do Congreso para a guerra contra a Siria, como esixe a Constitución dos Estados Unidos

4. Estados Unidos non ten a aprobación da ONU para atacar a Siria e non vai obtela.

5. Siria dixo que ía usar " todos os medios dispoñibles" para se defender dos Estados Unidos se este os ataca

6. O ministro de Asuntos Exteriores de Siria, Walid al Muallem fixo a seguinte declaración o martes : "Temos dúas opcións: rendernosr ou defenderse cos medios á nosa disposición A segunda opción é a mellor :. Imos defendernos."

7. Siria ten os mísiles anti -buque rusos máis avanzados.

8. Hai moitas posibilidades de que, se os Estados Unidos atacan Siria, o país árabe ataque Israel.

9. Se a Siria ataca Israel, as consecuencias poderían ser absolutamente catastróficas. O primeiro ministro israelí Benjamin Netanyahu prometeu responder "con contundencia " a calquera ataque.

10. Hezbollah probablemente vai facer todo ao seu alcance para axudar o goberno Assad sobrevivir. Isto podería supor ataques tanto contra EUA como contra Israel.

11. A Siria é un aliado do Iran.

12. A guerra con Siria prexudicaría significativamente as relacións con Rusia.

13. A guerra con Siria prexudicaría significativamente as relacións con China

14. O escritor estadounidense Jerome Corsi e ‘terrorista arrepentido’ palestino Walid Shoebat compilaron evidencias de que eran realmente rebeldes sirios apoiados por EUA os responsábeis do ataque con armas químicas, para xustificar unha declaración de guerra contra a Siria.

15. Segundo o escritor estadounidense Pat Buchanan , non ten sentido que o réxime de Assad empregase armas químicas contra as mulleres e nenos indefensas . Os únicos que poderían beneficiarse deste tipo de ataque sería os rebeldes.

16. Se os sauditas realmente quere nderrocar o réxime de Assad deben facelo por si propios. Eles non deben esperar que Estados Unidos vaian facer o traballo suxo.

17. Un ex- comandante do Comando Central dos Estados Unidos James Mattis , dixo que un ataque de EEUU contra Siria resultaría "unha guerra moi, moi seria"

18. A guerra en Oriente Medio tería un impacto negativo nos mercados financeiros que está comezando a se notar.

19. A guerra no Oriente Medio provocará o aumento dos prezos do petróleo.

20. A Casa Branca non debe apoiar os rebeldes sirios que prometeron lealdade á Al Qaeda. "Se o goberno de Estados Unidos axuda a estes tolos para tomar o poder en Siria será un desastre total e absoluto ", di Snyder.

21. Un gran número de civís inocentes no interior de Siria morrerá. Moitos sirios expresan preocupación polo que "a intervención estranxeira" significaría para eles e as súas familias.

22. O goberno de Estados Unidos insiste en ir á guerra con Siria sen a aprobación do pobo americano, do Congreso de Estados Unidos ou das Nacións Unidas, imos perder unha morea de amigos e unha morea de credibilidade o mundo.

Tirado de RT
 

Comentarios