Nace #GalizaConSiria, un sitio web para "divulgar contrainformación"

Creado perante a inminente ofensiva estadounidense #GalizaConSiria preséntase como un "agregador" para "axudar a comprender o que está a acontecer"

 

"Información e argumentos contra a guerra imperialista". Así se presenta #GalizaConSiria, un sitio web que a modo de agregador recompila informacións tiradas da imprensa nacional e internacional; redes sociais e blogues.

O seu obxectivo é --segundo recolle o propio portal na súa  capa-- "axudar a comprender o que realmente está a acontecer na Siria, desde unha perspectiva de indisimulada solidariedade internacionalista co pobo Sirio e contra o imperialismo".

A iniciativa entende que a anunciada ofensiva militar vén precedida dunha campaña de "manipulación" e "intoxicación" informativa polo que visa ordenar e arquivar todas aquelas novas e dadosque contribúan a contrastar "o discurso dominante". Neste senso, anima a participar a través dun espazo de publicación aberta desde a que recoller contidos para a súa difusión.

Comentarios