151 mortes por ferida de bala nos Estados Unidos no que vai de 2023

Os datos dos que dispón a Gun Violence Archive proveñen da información publicada por parte dos Centros para o Control e a Prevención de Enfermidades (CDC), así como tamén doutras 7.500 fontes.
Un coche da policía nunha localidade no Estado de Alabama, nunha imaxe de arquivo (Foto: Jeremy Raines / Zuma Press / Contactophoto).
photo_camera Un coche da policía nunha localidade no Estado de Alabama (Foto: Jeremy Raines / Zuma Press / Contactophoto).

No que vai de ano nos Estados Unidos de América (EUA), se sumamos asasinatos e suicidios, producíronse case 300 mortes con armas de fogo.

Así o informou a organización non gobernamental (ONG) Gun Violence Archive (GVA) esta terza cuarta a través dun comunidado.

O número exacto é de 151 persoas que perderon a vida ao seren atinxidas por unha bala de forma intencionada ou non, segundo a base de datos da GVA que se actualiza en tempo real.

Esta base de datos contempla tamén a variábel da idade, e desta maneira achega tamén información sobre os menores que se viron afectados.

O cálculo que a GVA presenta con respecto a este grupo é de tres menores de 11 anos e 13 adolescentes que perderon a vida por ferida de bala.

Os datos dos que dispón a Gun Violence Archive proveñen da información publicada por parte dos Centros para o Control e a Prevención de Enfermidades (CDC), así como tamén doutras 7.500 fontes.

Tiroteos masivos

Esta ONG recolle tamén datos a respecto de tiroteos masivos, e conclúe que foron 7 os tiroteos deste estilo. Cinco deles producíronse o día 1 de xaneiro e o resto o día 3.

Xa no 2022 a GVA achegou o dato de que foron 45.000 persoas as que morreron por violencia armada.

Mark Bryant, director executivo de GVA, afirma que a cifra de vítimas no ano 2022 reduciuse con respecto a 2021. Porén, amosouse preocupado, pois segundo a tendencia destes días estase a producir, aproximadamente, un tiroteo masivo diario.

Comentarios