Fortalezas esquecidas do Reino da Galiza

A bisbarra do Salnés. As fortalezas do Monte Lobeira, do Viso e Lantañón e as torres do Espiñeiro e Ouxo da Torre

Moi fértiles en patrimonio medieval son as terras do Salnés, tanto no que atinxe a inmobles relixiosos (parroquiais ou monásticos) como castrenses. Dentro deste último grupo realizamos unha pequena escolla de edificios que se espallaron por Vilanova de Arousa, nomeadamente o castelo do monte Lobeira e a casa forte do Viso; por Paradela de Meis, coa súa fortaleza de Lantañón, mal coñecida no seu día como de Lantaño –tendo que circunscribila de xeito errado ás demarcacións de Portas–; así por de Cambados. Deste último municipio rescataremos varios apuntamentos sobre a torre do Espiñeiro e Ouxo da Torre.
Escudo dos Soutomaior (Foto: Jesús Rey Rodríguez).
photo_camera Escudo dos Soutomaior. (Foto: Jesús Rey Rodríguez)
A fortaleza de Lobeira As primeiras referencias sobre a elevación do Monte de Lobeira datan da época de Bermudo II, pois nun documento –rexistrado no Tombo A do ACS que leva data do 7 de marzo…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Máis en Información do Reino
Comentarios