Galiza

As saudades franquistas do PP, Siria e a vaga de incendios, neste Sermos nº 62

As saudades franquistas do PP, Siria e a vaga de incendios, neste Sermos nº 62

Debullamos canto de franquismo hai no ADN do PP, intentamos comprender que hai detrás do inminente ataque contra Siria ou achegámonos ás iniciativas cidadáns que, ante o desleixo da Xunta, queren poñer fin ás vagas de incendios que todos os veráns arrasan os montes galegos

SG

Son as declaracións do alcalde de Baralla un feito isolado, unha saída de ton ou un sentir profundo no PP? E a comprensión e apoio do partido para co seu rexedor? Analizamos neste número canto de franquismo hai no ADN do Partido Popular.

Tamén achegámonos a Anagaci (Asemblea nacional da Galiza contra os incendios), unha das iniciativas que xorden da cidadanía galega para procurar solucións e medidas contra as constantes vagas de incendios que arrasan os montes galegos verán tras verán.

Neste número tamén lembramos as 4 décadas de existencia da Sociedade Galega de Historia Natural, de cando “verde era igual a roxo”.

E como non, entrevistas. Falamos con Tonhito de Poi (Herdeiros da Crus), con Xosé Manuel Sánchez Rei (da AC Alexandre Bóveda) e con responsábeis do proxecto de recuperar a memoria local de Compostela a través de persoas maiores.

Escocia, Salvaterra: Soberanía, desobediencia

Na sección de deportes achegámonos aos ciclistas galegos. En ‘La Vuelta’ non participan corredores galegos, que si están a gañar voltas en Portugal.

En Internacional analizamos o que está a acontecer nestas semanas en Escocia, con diferentes iniciativas que pulan polo si á independencia. E falamos de Siria, de como se está a preparar un ataque militar pilotado por EUA.

Tamén achegámonos ao Festival de Poesía do Condado, que leva 26 edicións de desobediencia cultural, superando problemas e sementando rebeldía, cultura, esperanza e dignidade.

Todo isto, e moito máis, neste número 62 de Sermos

Apoia Nós Diario

Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas.

Máis en Galiza
comentarios