Sermos Galiza

2024_INTERIOR_TEATRO
star
Reportaxes

Curtas, a constancia dun soño

O "Curtas", Festival Internacional de Cinema, converte cada mes de xullo Vila do Conde (Portugal) nunha cita cultural ineludíbel grazas a unha programación de alta calidade e unha capacidade permanente para evolucionar e adaptarse ao estado da creación fílmica e ás formas artísticas asociadas. Unha longa conversa cos seus tres directores actuais, presentes desde a primeira edición, permítenos analizar o modélico crecemento dun certame cuxa influencia no prestixio internacional do cinema portugués ninguén cuestiona.

LUcia freitas arxina
star
Entrevistas

Lucía Freitas, da horta á estrela

Lucía Freitas (Compostela, 1982) é unha chef cunha estrela Michelin no seu restaurante A Tafona e a pregoeira das compostelás Festas do Apóstolo deste ano. Mais o título que lle dá máis fachenda é o de ser "unha empresaria filla de representante dos traballadores", que usa a súa popularidade para vindicar a tarefa de moitas mulleres, tan descoñecidas como imprescindíbeis para a súa cociña: praceiras, campesiñas, mariscadoras, gandeiras... Amas da terra que ela pon baixo o seu foco para darlles visibilidade. 

Os carunchos
star
Reportaxes

Os Carunchos: Trinta anos de música, alegría e reivindicación

Tres décadas nos palcos, nas rúas e onde os reclamen. Os Carunchos presentan as súas armas musicais: gaita, voz, acordeón, zanfona, percusión e todos os instrumentos que foron sumando ás súas diversas formacións desde 1994. Un singular funcionamento asembleario é unha das súas múltiples peculiaridades. Agora celebran aniversario cun fermosísimo libro-disco con poemas de Manuel María e título engaiolante, Unha gorxa chea de paxaros (Xerais, 2024). E con concertos, moitos concertos.
collage-sermos
CULTURA

Lucía Freitas, Os Carunchos e o ‘Curtas’ de Vila do Conde, no ‘Sermos Galiza’

Lembra que podes atopar o ‘Sermos Galiza’ este sábado, 27 de xullo, acompañando o xornal 'Nós Diario'. 64 páxinas por só 3,20 euros!

Unha das reportaxes que integran a Guía dos Xogos Olímpicos de 'Nós Diario'.
París 2024

A Guía definitiva dos Xogos Olímpicos, con 'Nós Diario'

Os Xogos Olímpicos de París comezarán oficialmente o vindeiro 26 de xullo. Será a cita con maior representación galega, unha trintena de atletas que aspiran a superar as seis medallas conseguidas en Toquio. E para coñecer todas as chaves destas Olimpíadas 'Nós Diario' entregará o sábado 20 a Guía definitiva sobre o evento. Resérvaa xa no teu quiosque para non quedar sen ela!
O escritor Alberte Branco (Foto: Xan Carballa).
star
Entrevistas

Alberte Blanco Casal: "Vivimos a decadencia dun Occidente que leva cincocentos anos dominando o planeta"

'A soidade do inquisidor' (Xerais, 2024) é a terceira novela de Alberte Blanco Casal (Cobres, Vilaboa, 1951). Como en anteriores obras, mantén a tensión entre a historia e a ficción, dúas dimensións que lle serven de vehículo a preocupacións que aborda tamén en ensaios como o aínda recente Xeopolítica, pandemia e poscapitalismo (Xerais, 2021), e dos que fala nesta conversa fronte ao mar de Bueu.
María, de Lixo Atelier, no seu taller (Foto: Lixo Atelier).
star
Reportaxes

Iniciativas crebeiras que coidan da Costa da Morte

Esta costa brava asolada pola contaminación de lixo mariño agocha tesouros de gran valor. Falamos de pequenos pero grandes proxectos de rexeneración e coidado do litoral. Existe un conxunto realmente diverso de persoas mobilizadas por coidar do mar e hainas que poñer no mapa. Son xente que decidiu ir ás crebas, mirar esta crise ecolóxica aos ollos e configurar unha resposta creativa e innovadora ante ela.
Porto de Cangas (Foto: Colectivo Xea).
star
Andar e Ver

De Cangas a Nerga

Os manipuladores tamén teñen un papel en 'El Verdugo' (Foto: José Luis Gutierrez).
Mostra de Teatro de Cangas

Tanta comicidade como desacougo

O castelo ambulante do filme de Hayao Miyazaki (Foto: Hayao Miyazaki).
star
Cinema

O mago de Howl

Ugia Pedreira (Foto: Óscar Gorriz).
star
Música

Sae o sol cando Ugia Pedreira canta

A escritora Olaia Sendón (Foto: Olaia Sendón).
star
Libros

Pílula azul, pílula vermelha

A escritora Montse Fajardo (Foto: Nós Diario).
star
Libros

Escoitar as voces das tolas

Detalles do 'Sermos Galiza' desta fin de semana.
CULTURA

O regreso do Día da Patria Galega ao corazón de Compostela, no 'Sermos Galiza'

Lembra que podes atopar o ‘Sermos Galiza’ este sábado, 13 de xullo, acompañando o xornal 'Nós Diario'. 64 páxinas por só 3,20 euros!

Detalles do 'Sermos Galiza' deste sábado.
CULTURA

Tareixa Navaza, a pioneira do xornalismo galego, protagoniza o 'Sermos Galiza'

*Lembra que podes atopar o Sermos Galiza este sábado, 6 de xullo, acompañando o xornal Nós Diario. 64 páxinas por só 3,20 euros!
Emma Pedreira participa na colección 'Relanta... Nós' que conmemora os dez anos de Sermos Galiza. (Foto: Arxina).
star
Libros

Putown, posuír os corpos?

A boca da sombra / Emma Pedreira / 2024 / Aira / 104 páxinas / 16 euros

6 Ferrol Cariño 2 19 (1)
star
Andar e Ver

Ruta San Filipe - Cariño

Manifestación na ría de Arousa contra o proxecto de Altri na Ulloa. (Foto: Greenpeace / Pedro Armestre)
Reportaxes

Altri, un monstro de celulosa no corazón da Galiza

A comarca da Ulloa, no corazón da Galiza, está ameazada pola construción dunha enorme fábrica de celulosa da multinacional portuguesa Altri. Un monstro que pon en perigo a súa natureza e os seus habitantes nunha zona de alto valor ecolóxico, económico e social onde se levan a cabo numerosas iniciativas de coidado do territorio, como a da apicultora ecolóxica Natalia Varela. Ante os graves efectos prexudiciais que se prevé que orixine non só na comarca, senón en todo o país, o  denominado proxecto Gama recibiu unha forte contestación social. Á multitudinaria manifestación decorrida o 16 de maio en Palas de Rei seguiu outra histórica mobilización que xuntou perto de 300 embarcacións na ría de Arousa. Mañá, domingo 30 de xuño, o pobo galego está sumado a rodear a Xunta da Galiza contra a macrocelulosa de Altri.

FEderico Pérez foto Xan carballa
star
Entrevistas

Federico Pérez, o poder da risa

Comezou a facerse familiar na inesquecíbel Mareas Vivas e vinte anos despois está no alto da popularidade de comediante de éxito con +Cuñados, xunto a Touriñán e Miguel de Lira. Federico Pérez (Mazaricos, 1976) é reflexivo e benhumorado a partes iguais e desvela fitos da súa traxectoria como un dos actores máis queridos do audiovisual galego.
Detalles do 'Sermos Galiza' deste sábado.
CULTURA

O humor de Federico Pérez, a oposición social á celulosa de Altri e a arquitectura de Paula Alfonso protagonizan o ‘Sermos Galiza’

*Lembra que podes atopar o Sermos Galiza este sábado, 29 de xuño, acompañando o xornal 'Nós Diario'. 64 páxinas por só 3,20 euros!