Pescanova demandará á súa auditora após pedir concurso de acredores

A empresa Pescanova presentou concurso voluntario de acreedores, un mes despois de que o pasado 1 de marzo asinara o preconcurso e após un consello que se estendeu durante 13 horas.Pescanova demanda á empresa que a auditou durante esta última década. Os sindicatos piden un plan de viabilidade

Instalacións de Pescanova
photo_camera Pescanova

 

Pescanova demandará á empresa que ao longo destes dez anos foi a encarregada de auditar as contas desta multinacional, BDA Auditores. A firma radicada en Chapela mesmo ten xa contratado un despacho de avogados, Albiñana & Suárez de Lezo, para este cometido, segundo informan desde Europa Press.

Após unha xuntanza do Consello de administración que durou máis de trece horas e perante a imposibilidade de alcanzar un acordo a curto prazo entre @s acreedor@s, Pescanova acordou acollerse de maneira voluntaria a un concurso de acreedor@s para evitar un maior deterioro na situación financeira. Segundo valorou a empresa, só esta medida garante a súa continuidade.

O segundo concurso máis grande de Galiza

Fontes que coñecen ben as contas da multinacional pesqueira adiantáron que a débeda se sitúa nos 2.700 millóns de euros, isto é, máis de 1.200 millóns por riba do que figura no pasivo auditado (1.522 millóns de euros após pechar o terceiro trimestre de 2012). Esa cifra, preto dos tres mil millóns, converten o concurso de Pescanova no segundo máis grande de Galiza, após o de Martinsa-Fadesa, que era de sete mil millóns. 

A decisión foi comunicada esta quinta feira á Comisión Nacional do Mercado de Valores a quen o consello tiña que ter remitido as súas contas nun prazo que se extinguía nesta sexta.

Nun comunicado de imprensa, explica que ten "a firme vontade" de presentar unha proposta de convenio a acreedor@s. co fin de “salvagardar os dereitos e intereses dos traballadores, acreedores e accionistas e, polo outro, a xestión continuada de Pescanova”. A empresa ten por volta de 10.000 persoas empregadas, 1.500 das cales en Galiza.

Os traballadores piden explicacións "urxentes e transparentes"

Desde CCOO, que ten maioría no comité de empresa, lembran que no proceso concursal non se debe atender só aos accionistas, senón tamén aos empregados. O sindicato esixe un plan de viabilidade, con participación sindical, que recolla o apartado económico-financeiro, así como un plan social e industrial que garanta os postos de traballo.

Na xuntanza do consello volveu se poñer sobre a mesa a revogación do presidente de Pescanova, que xa foi a consello en dúas ocasións e esixiuse ata por escrito de novo nun burofax enviado por Damm (segundo accionista da multinacional após o propio presidente) a Fernández de Sousa-Faro.

 

Comentarios