Nova reunión dos bancos acredores de Pescanova mentres mais accionistas se reviran contra Sousa

O núcleo duro dos 45 bancos acredores de Pescanova volven reunirse esta terza feira. Mentres, un novo accionista, Iberfomento, revírase ao presidente da multinacional.
Pescanova


O comité de dirección, steering committe, de bancos acredores de Pescanova volve se reunir esta terza feira para renegociar a débeda. Os cálculos de acredores e técnicos sitúan a débeda de Pescanova entre os 2.500 e 2.700 millóns de euros. CaixaBank, Sabadell, Novagalicia Banco e Popular terían empréstimos concedidos a Pescanova de máis de 150 millóns de euros. Entre 125 e 150 millones estarían Bankia e Deutsche Bank. Entre 100 y 125 millones, BBVA y Caixa Geral. Entre 75 e os 100 millóns, RBS, Commerzbank e Ceiss.

Mais nas últimas horas a noticia foi que un novo accionista, Iberfomento (que ten o 3,39% das accións da multinacional) quitaba as cores a Fernández de Sousa, presidente de Pescanova. Iberfomento, ao igual que fixeran hai uns días Damm e Luxempart, negou que no consello de administración se aprobase a reestruturación da débeda, tal e como afirmara o presidente.

Entre estes tres accionistas que desmenten o dito por Fernández de Sousa suman o 15,37% das accións de Pescanova. O presidente posúe 14,4 por cento.

Comentarios