Fiscalía de Tribunal de Contas abre dilixencias informativas sobre as axudas concedidas pola Xunta a Pescanova

A medida adóptase a raíz da denuncia da Plataforma en Defensa do Sector Marítimo Pesqueiro de Galiza, que denunciou "o constante trato de favor" a Pescanova, mesmo "un crédito a fondo perdido" por varios millóns de euros
Pescanova
photo_camera Pescanova

A Fiscalía do Tribunal de Contas decideu abrir dilixencias informativas sobre as axudas outorgadas a Pescanova e sobre as posíbeis deficiencias" ao respeito. Medida que se adopta por mor dunha denuncia da Plataforma en Defensa do Sector Marítimo Pesqueiro de Galiza.

Esta plataforma denuncia que Pescanova ten recibido múltiples axudas e subvencións da Xunta de Galiza, e a administración autonómica, sostén, non dá información sobre esas cantidades. Este colectivo fala de "constante trato de favor" que, mantén, recibe Pescanova por parte da Xunta e que tería un dos seus exemplos na cocnesión dun "préstamo a fondo perdido".

Comentarios