No Sermos número 19 metémoslle o dente aos programas electorais para o 21-O

Neste número 19 do Sermos Galiza falan Feijóo, Vázquez, Jorquera, Beiras e Bascuas. E metémoslle o dente aos programas electorais. Mais tamén damos voz aos afectados polas preferentes, analizamos o que significa a contrarreforma na xustiza do PP, entrevistamos a Xabier P. Docampo ou percorremos a Ribeira Sacra en Outono da man de Xea. E hai moito máis. Queres coñecelo? Nesta sexta no teu quiosque
portada sermos 19

Galiza ten unha cita co seu futuro o 21-O. E desde Sermos Galiza, conscientes da importancia desta data, falamos cos candidatos das forzas en concorrencia: PP, PSOE, BNG, AGE e Compromiso. Mais tamén debullamos os seus programas electorais polo miúdo.. . Tamén temos un oco para lembrar aquelas primeiras autonómicas de 1982 da man de Lois Diéguez, deputado electo polo BNPG. E damos voz a vari@s afectad@s polas preferentes que sinalan a entidades financeiras e gobernos galego e de Madrid como responsábeis do calote que abrangue a perto de 100.000 galeg@s.

E neste número 19 tamén abordamos as claves do xizo do Presgtige ou a mobilización social que, en diferentes ámbitos, houbo nesta última lexislatura. Na sección de social tratamos desde a recente folga estudantil até o engano da Xunta aos e ás dependentes, pasando pola proposta do PP de cobrar á cidadanía por trámites xudiciais, nunha medida que pon a xustiza a servizo dos ricos.

En internaciional abordamos a recente Folga Xeral en Portugal e as eleccións en Venezurla.

Mais este Sermos número 19 dá moito máis de si: Entrevistamos a Xabier P. Docampo, falamos de Picaversos e en Okapi contámosche que Barrigaverde volve a Lugo polo San Froilán.

E na contra, Suso o do Dazaseis, toda unha institución.

Xa non tes excusa para non ir ao quiosque. Prensa en papel, en galego, desde Galiza e para Galiza.

Comentarios