Urgoiti, da Fundación Cidade da Cultura, novo presidente de Pescanova

É o home preferido pola cervexeira catalá Damm, que apoiada por Luxempart e Iberfomento, logrou o apoio de case o 71% dos accionistas da pesqueira. Urgoiti foi ex-presidente do Banco Gallego, conselleiro independente de Inditex e tamén presidiu a Fundación Cidade da Cultura

Juan Manuel Urigoiti
photo_camera Juan Manuel Urigoiti

A xunta de accionistas de Pescanova non deu lugar a sorpresas, se ben non estivo exenta, en absoluto, de tensións. A proposta de consello de administración que a cerveixeira Damm, co apoio de Luxemprat e Iberfomento, presentaron atinxiu o respaldo do 70,82%. E abreu o paso á presidencia a Juan Manuel Urgoiti, ex-.presidente da Fundación Cidade da Cultura e do Banco Gallego.

Cartesian xa anunciou que vai impugnar a xunta de accionistas, alegando que non se deixou votar por conselleir@s. 

A outra proposta, a do fondo Cartesian, nin sequera chegou a se votar. Cartesian xa anunciou que vai impugnar a xunta de accionistas, alegando que non se deixou votar por conselleir@s.

Juan Manuel Urgoiti, o home que quere Damm para presidir Pescanova, será logo, o que colla as rendas da pesqueira. Madrileño nado en 1939, comezou a súa carreira no Banco de Vizcaya.

O novo consello de administración

O novo Consello de Administración está conformado por, ademais de Urgoiti, por José Carceller (Damm), François Tesch (Luxempart), Yago Méndez, Fernando Herce Meléndrez (Iberfomento), Luis Ángel Sánchez Merlo e Ángel Legarda.

Desde Damm xa sinalan que este consello é de "transición" mentres Pescanova estea en concurso de acredores

 

Comentarios