“Somos una mostra de ata onde podemos chegar as empresas galegas”

Eusebio Rey Cachafeiro é director xeral de Prosistemas, una firma galega que comezou o ano coa obtención, por segunda vez, do ‘Golden Troweld Award’ en Estados Unidos, un premio que se coñece como os Oscar do sector do formigón e a construción.  “As empresas galegas poden axudar a erguer a autoestima deste país”, afirma.

Eusebio Rey Cachafeiro
photo_camera Eusebio Rey Cachafeiro

- Ser premiado, e máis dunha vez, co ‘Golden Troweld Award’ nunha cita como a de Las Vegas, que son como os ‘Òscar’ no mundo do formigón e a construción, é todo un recoñecemento do que non todos poden presumir. Como foi o camiño dunha empresa do Porriño para chegar ata aquí?

- É o resultado de traballar con moito rigor dende hai máis de 30 anos perfeccionando tódolos procesos construtivos con axuda de maquinaria punteira e equipos de profesionais propios moi cualificados en continua formación.

Isto é un plus de motivación e ilusión para seguir perfeccionándonos e para seguir participando en concursos internacionais entre os grandes. Isto tamén demostra que as empresas galegas por si soas poden contribuír a xerar riqueza en Galicia, e erguer a auto estima do país, sendo líderes mundiais. Somos unha mostra de ata onde podemos chegar, ao mesmo nivel das empresas estadounidenses.

Somos unha mostra de ata onde podemos chegar, ao mesmo nivel das empresas estadounidenses. 

- O formigón e a súa aplicación como pavimento continuo, sexa para a industria, para a obra civil, deportiva ou simplemente decorativa revolucionaron o mundo da construción. En que consiste esta revolución e por que foi tan importante?

O formigón é un material que ten moitas aplicacións e usos. No caso dos pavimentos o formigón é un material que se presta para ser utilizado en pequenas e grandes superficies, ben sexa como soporte básico para colocar encima outros materiais, ou tamén como un pavimento monolítico de altas prestacións de acabado.

Evidentemente o formigón é un material que se presta para ser, fabricado, transportado e colocado de xeito moi rápido e ademais si se deseña adecuadamente, tamén pode fraguar e endurecer moi rapidamente acorde cos tempos nos que estamos, co cal pode contribuír a grandes producións, minimizar costos e conquerir prazos de execución realmente moi importantes.

Ademais en Prosistemas somos realmente especialistas en conquerir superficies moi planas e súper niveladas, confirmado polos galardóns Golden Trowel; estes pavimentos teñen prestacións tales como estética, brillo, minimizando o nivel de ruídos e a frecuencia de avarías dos vehículos na industria, mellórase considerablemente a luminosidade o potenciar de 4 a 5 veces a reflexión da luz, reducindo notablemente os custos enerxéticos e de mantemento. Tamén irradian un clima de satisfacción é confort tanto para os empregados da industria ou o centro comercial así como para os clientes.

O éxito de Prosistemas é o resultado de 25 anos de investigación e formación 

- A aposta en I+D+i faise indispensable para unha empresa que compita globalmente. Que papel ocupa a innovación o desenvolvemento, e a investigación, en Prosistemas?

- Existiu o interese, a cultura e a ansia de mellorar permanente os acabados e as prestacións dos pavimentos industriais e comerciais. Polo tanto é evidente que a aposta polo I+d+i foi sempre unha prioridade.

Llanas Oro Plata

- Tense afirmado que o mellor curriculum dunha empresa é a súa carteira de clientes. Na carteira de Prosistemas figuran nomes de primeira liña mundial, desde Goa Invest – Inditex a  Ikea, pasando por Delta Vigo, Irizar ou Supermercados Día. Cal é o nivel de exixencia e responsabilidade que iso supón?

É evidente que para estar a altura de estas empresas temos que estar a mesma velocidade de cruceiro ca elas. Isto significa en primeiro lugar que na fase de deseño do proxecto achegamos a experiencia e o coñecemento da nosa oficina técnica e do departamento de construción tanto para as empresas de arquitectura, enxeñerías externas como as internas para contribuír a que a experiencia de Prosistemas sirva para optimizar o proxecto e para que o proceso construtivo e os acabados sexan os máis rápidos e perfectos posibles.

- Como experto que é vostede e a súa empresa na construcción de pavimentos continuos, sin xuntas e de alta planimetría. Cales son as razóns polas que o sector industrial aposta cada vez máis por este tipo de pavimentos nas súas instalacións?

- Evidentemente no uso habitual dos pavimentos industriais e comerciais os problemas máis comúns veñen motivados por un deseño inadecuado, por unha construción deficiente, unha superficie irregular, non dura, non nivelada, nin plana, nin suficientemente resistente a abrasión. Ademais o formigón no seu proceso de fraguado e endurecemento sufre unha deformación xeométrica que se manifesta de xeito natural na súa superficie. Isto contribúe a empeorar a planeidade e nivelación de orixe, ou sexa no intre de ser construído. Polo tanto os retos técnicos e construtivos son moi complexos para construír estas superficies planas e niveladas.

Nunha conferencia que impartiu Jerry Holland, líder mundial no deseño de pavimentos industriais e postesados, que pronunciou na última feira do ‘Wolrd of Concrete’ das Vegas, dixo taxativamente que os fenómenos naturais de retracción do formigón en pavimentos, as xuntas, fisuras e unha planimetría inadecuada eran os responsables do 90% das patoloxías que existen no mundo dos pavimentos industriais.

Prosistemas sendo consciente de todo isto desenvolveu e apostou desde hai anos por sistemas construtivos que permitían facer pavimentos de alta planimetría e sen xuntas, nos cales temos unha grande experiencia na construción dos mesmos. Os pavimentos con xuntas e fisuras, na nosa opinión, son unha hipoteca a medio e largo prazo, e cando se aborda a súa reparación supón paradas e problemas de loxística, custos elevados, etc...

Dende a nosa experiencia as vantaxes deste tipo de pavimentos son importantes, xa que reducen notablemente,  o mantemento de carretillas, a redución de baixas laborais, a diminución de contaminación acústica nas instalacións, a eliminación de fallos nos pedidos por causa dos buracos, irregularidades e mala planimetría e tamén reducen os custos enerxéticos grazas a unha gran reflexión de luz.

Estes pavimentos apenas teñen gastos de limpeza, mantemento e conservación. A maiores o almacemento a gran altura permítelles unha mellor xestión do almacenaxe tanto en superficie como en volumen.

En definitiva, o éxito de Prosistemas é o resultado de 25 anos de investigación e formación pero tamén é o resultado de ter tecido unha rede de clientes e provedores en constante estímulo e esixencia de calidade.

-  Puxéronse en contacto desde a Consellería de Industria para felicítalo?

- Bon, nós temos unha relación moi fluída coa Consellería de Economía e Industria a través do IGAPE e da Axencia Galega de Innovación. De feito vennos apoiando dende anos con programas e servizos como Reacciona, InnoEmpresa, e Conecta Peme.

Creo que os froitos e os resultados desta colaboración propiciaron a investigación  e o desenvolvemento de equipos propios non existentes no mercado.

Comentarios