O socialista Antonio Miguel Carmona, novo vicepresidente de Iberdrola

Profesor na Universidade CEU San Pablo na actualidade, ocupou como membro do PSOE cargos públicos na Asemblea e no Concello de Madrid.
miguel_carmona_europapress
photo_camera O socialista Antonio Miguel Carmona (Europa Press)

O socialista Antonio Miguel Carmona converterase en vicepresidente de Iberdrola España, compañía presidida por Francisco Córcoles.

Carmona, profesor de Economía e cunha dilatada traxectoria política tanto na Asemblea de Madrid como no Concello da capital española, será nomeado nos próximos días vicepresidente de Iberdrola España, segundo unha información adiantada polo xornal español OK Diario e confirmada a Europa Press por fontes coñecedoras da designación.

O que será novo vicepresidente da compañía en España foi elixido deputado polo PSOE na Asemblea de Madrid en dúas etapas: entre xuño de 1999 e decembro de 2002, e entre xuño de 2011 e xuño de 2015.

Posteriormente, foi elixido edil no Concello de Madrid nas eleccións municipais de 2015, permanecendo catro anos no consistorio presidido entón pola alcaldesa Manuela Carmena.

Doutor en Ciencias Económicas especializado en crecemento económico e novas tecnoloxías, Carmona comezou a súa andadura profesional dando aulas na Universidade Complutense de Madrid e na actualidade é profesor na Universidade CEU San Pablo. Neste momento, o economista non ocupa ningún cargo dentro do PSOE.

Comentarios