Na Galiza só sobreviven hoxe 40% das empresas creadas en 2017

No caso dos autónomos e autónomas a porcentaxe sitúase en 30,18%.

A proba será na lagoa artificial das Pontes (Foto: Manolo Feal).
photo_camera (Foto: Manolo Feal)

Das empresas creadas na Galiza en 2020, só permanecen apenas 50,29%. Se analizamos a permanencia despois de 5 anos, pódese comprobar que o número inicial de empresas queda reducido a 45,34%.

Do total de empresas creadas no ano 2017, no 2021 só permanecen o 40,38%. Por outra parte, ao considerar as empresas creadas no período 2006-2017, as que presentan un valor máis alto da taxa de supervivencia aos 4 anos son as creadas no ano 2007.

No ano 2021 a taxa de supervivencia das Pemes creadas no ano 2017 sitúase en 40,37%, mentres que no caso dos autónomos sitúase en 30,18%.

A taxa de actividade emprendedora (TEA) mide a porcentaxe de poboación involucrada en iniciativas emprendedoras de menos de 42 meses de actividade, respecto da poboación activa. Na Galiza este indicador sitúase no ano 2021 no 5,34% e presenta unha diminución respecto ao ano anterior.

Até 4.256 empresas con actividade na Galiza tributan en Madrid. Destas, segundo as cifras publicadas o pasado 30 de decembro polo Instituto Galego de Estatística (IGE) -referidas a 2021, último ano con datos-, 3.551 sociedades desenvolven a súa actividade no sector servizos; 364 na industria e na enerxía, dedicándose 264 á industria manufactureira e 51 á xeración eléctrica; 295 á construción, con particular presenza das enxeñarías e empresas de obra civil; 208 á hostalaría; 199 á información e comunicación; 170 ao sector das finanzas e seguros e 46 á agricultura e á pesca. 

O número de sociedades galegas con sede fiscal en Madrid incrementouse en 91 no último exercicio, non deixando de medrar desde 2019. Mentres en 2021 foron 4.256 as persoas físicas e xurídicas con actividade na Galiza e con enderezo a efectos tributarios na capital do Estado, en 2020 foron 4.165 e en 2019 situáronse en 3.893.

Comentarios