domingo 27/09/20

O SLG denuncia multas durante o estado de alarma por compra directa de alimentos en granxas de proximidade

Imaxe de arquivo (Nós Díario)
Imaxe de arquivo (Nós Díario)

Sindicato Labrego Galego informa da existencia dunha proposta de sanción dunha persoa que durante o estado de alarma realizou o desprazamento de 7 quilómetros para poder facer o seu acopio de alimentos persoal.

“Durante o estado de alarma unha das actividades permitidas era precisamente o subministro de produtos de primeira necesidade, particularmente neste caso de alimentos”, engaden. “Facendo unha interpretación moi ríxida da norma, así como a ambigüidade desta, neste caso considerouse que o desprazamento non estaba xustificado nin amparado pola norma en vigor de aquel momento”.

O SLG considera “inxusta” a sanción e indica que a persoa desprazouse para adquirir alimentos nunha granxa de forma directa: “Unha vez máis os Circuítos Curtos de Comercialización alternativos son penalizados e vítimas dunha desigualdade de trato en relación coas grandes superficies”.

comentarios