O salario medio baixa en Galiza e sobe en España

O soldo bruto no noso país é o terceiro máis baixo do Estado e un 27% inferior ao salario medio na UE..

salario soldo cartos diñeiro
photo_camera salario soldo cartos diñeiro

O salario bruto medio anual de Galiza foi en 2015 de 19.795 euros, o que supón un descenso do 0,3% a respeito do ano anterior, 2014, cando era de 19.854 euros. Unha diferenza de perto de 60 euros. Porén, no Estado español o alario brutio aumentou nun 1,1%, situándose nos 22.850 euros. Así pois, a remuneración media no noso país é 3.055 euros inferior que á española.

Somos, ademais, un dos catro territorios do Estado no que baixa o salario bruto. E somos a terceira autonomía con soldos máis baixos. Só Extremadura e Canarias presentan peores rexistros. Comparados con Madrid, o salario medio dun traballador galego é 7.822 euros menos que o dun asalariado dese territorio.

O salario medio en Galiza é un 27% inferior ao europeo e é un 12% menos que o español

Moi por baixo

O salario medio galego é un 27,4% máis baixo que o salario medio da Unión Europea. Afirmábao o estudo do IV Monitor Anual Adecco sobre Salarios, elaborado por Adecco en colaboración cos investigadores de 'Barceló y Asociados'. E non só iso, senón que a mensualidade que gaña un galego é, de media, case un 12% menos que a que gaña un español. Fenda salarial, pois, tanto a respeito do Estado español como de Europa.

Segundo este informe, o salario medio bruto galego é 550 euros mensuais inferior ao salario medio dos 28 estados da Unión Europea. O salario medio bruto no Estado sitúase, sempre en base a este informe, nuns 200 euros mensuais máis que o galego.

Comentarios