O salario real na Galiza caeu 4,8%, a segunda maior perda do Estado

No salario real, que ten en conta a inflación, a remuneración media pasou ser 1.047 euros menos anuais, segundo un informe de Adecco.

salarios clases ingresos soldos

O salario medio galego situouse en 1.749 euros a peche de 2023, o que supón un aumento do 4,6% en comparación co ano anterior, unha suba inferior ao 5,4% de avance na media eestatal, con 1.920 euros (171 euros máis que en Galicia), segundo un informe de Adecco.

O salario medio galego é o máis elevado na serie histórica, pero só ocupa o noveno posto entre os territorios do Estado, cara á metade da táboa.

De feito, en termos nominais (euros), o salario de todas as autonomías atópase agora no seu máximo nivel histórico. Con todo, podemos analizar as diferenzas entre os aumentos.

Baleareas rexistra a maior repunta (7,7%), seguida de Madrid (6,7%) e Nafarroa (6,2%). En cambio, Estremadura, Cantabria e Canarias son as que aumentan en menor medida o seu salario, con 3,1%, 3,2% e 4%, respectivamente.

No que respecta ao salario real, que ten en conta a inflación, a remuneración media estatal perde poder adquisitivo por segundo ano consecutivo, situándose en -2,6% en 2023 (610 euros menos ao ano).

Na Galiza, a perda non só é maior, de 4,8% (1.047 euros menos anuais), senón que ademais é a segunda caída máis importante do conxunto de autonomías, só superada por Asturias (-5%).

No caso da Galiza, a diferenza entre o poder de compra actual e o máximo logrado (que se alcanzou no ano 2010) é dunha perda dun 6,9%. A Galiza acumula así seis trimestres consecutivos de perda adquisitiva a pesar do máximo histórico do salario nominal.

Comentarios