O salario da mocidade galega é un 9,4% inferior ao da española

Precariedade, temporalidade e 'sub-emprego' caracterizan o mercado laboral para unha parte notábel da xuventude.

traballo factoría obreiro CC BY-3.0-ES 2012EJ-GVIrekia-Gobierno VascoMikel Arrazola

O mercado laboral para a mocidade galega é, moitas veces, sinónimo de temporalidade, precariedade e baixos salarios. A taxa de paro entre as persoas menores de 35 anos está en Galiza no 26,6%, o que supón 9 puntos máis que a taxa do resto das franxas de idade, que é do 17,7 por cento. E iso mentres desde 2011 a 2016 a poboación activa na mocidade desplomouse un 26 por cento.

Tamén nos salarios a situación non deixa de ser preocupante. O soldo medio dunha persoa moza en Galiza é un 9,4% inferior á media da xuventude española. E un 17,9% inferiores á media anual das outras franxas de traballadores de Galiza Ademais, os mozos galegos sofren taxas de temporalidade alarmantes, do 46,84 por cento, fronte ao 25,8 por cento que se rexistra no conxunto de idades.

Estes datos foron fornecidos pola UGT de Galiza co gallo do Día internacional da xuventude . Datos nos que se recolle que o paro de longa duración, aqueles que levan máis dun ano nesta situación, tamén golpea aos mozos: 34.200 nesta situación. Do total das persoas desempregadas menores de 35 que hai hoxe en Galiza, o 40,4 por cento levan máis dun ano nesta situación.

Comentarios