Unha escolma do papel

Produto das rías... de Chile, Marrocos ou Italia

Mariscos e peixes que chegan aos mercados baixo fórmulas que inducen o consumidor a pensar que son galegos cando en realidade proceden de lugares a miles de Km do noso país. Unha "fraude en toda regra", denuncia o sector, que exixe medidas.

134pdf
photo_camera Os produtos do mar de Galiza teñen un recoñecemento ente os consumidores como os de ningún outro país. Na imaxe, navallas galegas no mercado de Vigo. [Imaxe: Turismo Vigo]

Produtos do mar que se comercializan nos mercados con referencias varias a Galiza -para calquera consumidor, terra por excelencia de bon peixe e marisco- mais que proceden de lugares a milleiros de kilómetros do noso país. Pasa con recursos como o mexillón, a ameixa, o polbo ou o camarón, entre outros. O presidente de Asoar-Armega (asociación de mariñeiros de baixura) advirte en conversa con Sermos Galiza do preocupante dunha situación que "é unha fraude para o consumidor e unha competencia desleal para nós". José Luis Rodríguez di que por Galiza "entra peixe e marisco de moitas partes do mundo que despois hai empresas galegas que venden como se fose de aquí. Nós non dicimos que ese produto non se venda, o que pedimos ás administracións responsábeis é que se identifique cada cousa como o que é e que non se venda como galego o que non é".

Mexillón e ameixa, mais tamén polbo ou camarón son algúns dos recursos albo desta fraude ao consumidor

A mesma denuncia faise desde a Confraría e a Agrupación de Parquistas de Carril, que teñen advertido por boca do seu presidente José Luis Villanueva en numerosas ocasións que nos mercados estase a vender como propia desta localidade arousá unha ameixa que vén "de Italia, Portugal ou Marrocos. Un produto moi inferior en calidade ao noso e que bota polo chan a reputación do marisco de aquí para quen o adquiere pensando que é galego".

CEN MILLÓNS

Un dos sectores que decidiu, perante o desleixo da administración, dar a batalla contra esta fraude foi o do mexillón. O Consello Regulador presentou denuncias por fraude contra varias conserveiras que comercializaban como 'de las rías gallegas' ou 'sabor a Galicia' un molusco que era de Chile. Lembra Francisco Alcalde, presidente do Consello Regulador, que desde que en 2007 a Unión Europea e Chile atinxiran un acordo comercial que se traduciu en aranceis cero para as importacións. Desde entón, as conserveiras galegas deixaron de comprar 100 millóns de kilos de mexillón galego para substituílo en boa medida polo chorito (mexillón chileno, máis barato e de peor calidade), que se seguiu a vender por conserveiras de Galiza como se fose das rías galegas. E unha parte das grandes conserveiras do noso país teñen desde hai uns anos presenza en Chile, onde se adican a cultivar... chorito.

134(2)OS DESPACHOS ESTÁN EN TERRA

Mexilloeiros, mariñeiros e mariscadoras son moi críticas coa actuación das administración nestas cuestión. "Non fan nada", afirma Carme Losada, "nunha situación da que se están a beneficiar fraudulentamente unha serie de empresas prexudicando as miles de persoas que traballamos do mar e os miles de consumidores aos que se lles engana". "Só con campañas publicitarias apelando a que o consumidor exixa orixe non se gaña nada se non hai inspeccións e multas aos defraudadores" E iso, din, non o hai.

Esta reportaxe apareceu no Sermos Galiza nº134, publicado a 19 de febreiro de 2015. 

Comentarios