A produción industrial afunde 4,1% na Eurozona e 3,6% na UE

No conxunto da Unión Europea (UE), o índice de produción industrial rexistrou en marzo un retroceso mensual de 3,6% fronte ao incremento de 1,4% de xaneiro.
Traballadores do sector industrial (Foto: Nós Diario).
photo_camera Traballadores do sector industrial (Foto: Nós Diario).

O índice de produción industrial da zona euro rexistrou o pasado marzo unha caída de 4,1% respecto do mes anterior, cando aumentara 1,5%, o que supón a maior contracción mensual desde o pasado outubro, mentres que, en comparación co mesmo mes de 2022, o dato foi 1,4% inferior, segundo a oficina comunitaria de estatística, Eurostat.

Retroceso

No conxunto da Unión Europea (UE), o índice de produción industrial rexistrou en marzo un retroceso mensual de 3,6% fronte ao incremento de 1,4% de xaneiro. En relación a 2022, o dato descendeu 1,3%.

Entre os Estados membros para os que había datos dispoñíbeis, os aumentos mensuais máis altos rexistráronse en Finlandia (+3,1%), Eslovenia (+2,3%) e Eslovaquia e República Checha (ambos os +1,7%), mentres que os descensos máis significativos corresponderon a Irlanda (-26,3%), Suecia (-3,9%) e Alemaña (-3,1%).

Marzo de 2022

En comparación co mesmo mes do ano pasado, as subidas máis importantes rexistráronse en Malta (+12,5%), Dinamarca (+8,9%) e España (+5,6%) e o descenso máis acusados observáronse en Estonia (-26,1%), Lituania (-16,6%), Estonia (-12,6%).

De feito, no caso do Estado español, a produción industrial en marzo aumentou lixeiramente, en1,4% a respecto de febreiro, cun repunte de seis décimas, mentres que creceu 5,6% en marzo en comparación coa caída de 0,9% de febreiro de 2022.

Comentarios