Este é o prezo da luz por horas de hoxe, 8 de xuño

Por treitos horarios, o prezo máximo da luz para esta cuarta feira darase entre as 20 e as 21 horas, mentres que o mínimo foi entre as 2 e as 3 horas.

O prezo medio da luz segue en niveis moi superiores aos dos mesmo período do ano pasado. (Foto: Nós Diario)
photo_camera O prezo medio da luz segue en niveis moi superiores aos dos mesmo período do ano pasado. (Foto: Nós Diario)

prezo medio da electricidade coa tarifa regulada sitúase esta cuarta feira nos 259,31 euros o megawatt/hora (euros/MWh) —incluíndo os custos de comercialización, peaxes e outros cargos, isto é, o prezo real sobre a factura—, segundo os datos publicados no día de hoxe por Rede Eléctrica de España.

Por treitos horarios, o prezo máximo da luz para esta cuarta feira darase entre as 20 e as 21 horas, con 332,12 euros/MWh, mentres que o mínimo, de 212,45 euros/MWh, rexistrouse entre as 2 e as 3 horas.

Esta cuarta feira o prezo medio do 'pool' —prezo base que negocian as compañías produtoras e comercializadoras de enerxía— é de 185,45 euros/MWh.

Deste modo, redúcese en case oito euros a respecto dos 193,32 euros/MWh de media desta terza feira, segundo datos publicados polo Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE).

2021 fechou como o ano máis caro da serie histórica, cun prezo medio de 111,93 euros/MWh debido á espiral alcista rexistrada no 'pool' no segundo semestre.

En comparación con hai xusto un ano, o prezo do 'pool' para esta cuarta feira será 125,2% superior aos 82,33 euros/MWh do 8 de xuño de 2021.

Por outra parte, o prezo medio do mes de maio foi de 187,12 euros/MWh, catro euros menos que o prezo de abril, que foi de 191,52 euros/MWh, e case 100 euros por baixo de marzo, que deixou o rexistro máis elevado da historia (283,3 euros/MWh).

Comentarios