Este é o prezo da luz por horas de hoxe, 2 de xuño

Por treitos horarios, o prezo máximo da luz para esta quinta feira darase entre as 21 e as 22 horas, con 385,32 euros/MWh, mentres que o mínimo, de 235,62 euros/MWh, rexistrarase entre as 14 e as 15 horas.
Todas as previsións apuntan a un incremento da tarifa nos próximos anos. (Foto: Europa Press)
photo_camera Todas as previsións apuntan a un incremento da tarifa nos próximos anos. (Foto: Europa Press)

prezo medio da electricidade coa tarifa regulada sitúase esta quinta feira até os 294,98 euros o megawatt/hora (euros/MWh) —incluíndo os custos de comercialización, peaxes e outros cargos, isto é, o prezo real sobre a factura—, segundo os datos publicados no día de hoxe por Rede Eléctrica de España.

Por treitos horarios, o prezo máximo da luz para esta quinta feira darase entre as 21 e as 22 horas, con 385,32 euros/MWh, mentres que o mínimo, de 235,62 euros/MWh, rexistrarase entre as 14 e as 15 horas.

Esta quinta feira o prezo medio do 'pool' —prezo base que negocian as compañías produtoras e comercializadoras de enerxía— é de 214,74 euros/MWh.

Deste modo, diminúe 0,32% a respecto dos 215,45 euros/MWh de media desta quinta feira, segundo datos publicados polo Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE).

2021 fechou como o ano máis caro da serie histórica, cun prezo medio de 111,93 euros/MWh debido á espiral alcista rexistrada no 'pool' no segundo semestre.

En comparación con hai xusto un ano, o prezo do 'pool' para esta quinta feira será 153% superior aos 84,85 euros/MWh do 2 de xuño de 2021.

Por outra parte, o prezo medio do mes de marzo foi de 187 euros/MWh, 4 euros menos que o prezo de abril, que foi de 191,52 euros/MWh, e case 90 euros por baixo de marzo, que deixou o rexistro máis elevado da historia (283,3 euros/MWh).

Comentarios