Piden até 164 anos de cárcere e 33 millóns de euros de multa á excúpula de Pescanova

O xuíz José de la Mata, da Audiencia Nacional, decreta a apertura de xuízo oral polo caso Pescanova, segundo información que avanza o Faro de Vigo.

Pescanova
photo_camera Pescanova

O maxistrado da Audiencia Nacional José de la Mata emitiu esta segunda feira o auto de apertura de xuízo oral no que sentará no banco 19 exconselleiros e exdirectivos de Pescanova e a auditora BDO. É unha noticia que avanza a xornalista Lara Graña que publica esta quinta feira o Faro de Vigo. No auto reclámanse penas de prisión que suman 164 anos, fianzas por multas de 33 millóns de euros e outras de responsabilidade civil por 760 millóns.

A de Pescanova foi a maior quebra non inmobiliaria da historia empresarial no Estado español, explica con 3.650 millóns de euros de débeda.

Pescanova estaba en quebra en 2009 mais desde entón e até 2013 executáronse dúas ampliacións de capital e tres emisións de bonos convertíbeis con balanzos falsificados. Para o fiscal os acusados, baixo o control último do presidente Manuel Fernández de Sousa, decidiron executar prácticas irregulares para continuar obtendo financiamento e enganar a banca e o mercado. Unha operativa “perfectamente estruturada” á cuxa fronte estaba Fernández de Sousa, para quen se piden 31 anos de cárcere por falseamento de contas, falsidfade en documento mercantil, estafa, e así até 9 delitos.

Comentarios