martes 28/09/21

O PIB galego cae un 6,2% no terceiro trimestre

Repunta o 14,6% respecto ao trimestre anterior
O diñeiro negro vai en aumento no Estado
Duro golpe para o PIB galego (Foto: Galx)

O produto interior bruto (PIB) galego rexistrou un descenso do 6,2% no terceiro trimestre respecto ao mesmo período do ano anterior, aínda que experimentou unha suba do 14,6% respecto ao segundo trimestre.

Así o recollen as contas económicas trimestrais de Galiza que publica esta quinta feira o Instituto Galego de Estatística (IGE). O incremento intertrimestral contrasta coa baixa do 14,4% que se anotou a economía galega no segundo trimestre en relación co primeiro.

O segundo trimestre, coincidindo cun punto álxido da pandemia do coronavirus, a caída da economía galega tamén foi aguda en comparación co mesmo período de 2019, do 17,9%.

Agora, ao lado da demanda, o gasto en consumo final reduciuse un 4,6% en taxa anual, pero incrementouse un 16,1% na variación trimestral.

O mesmo ocorre co gasto de fogares e o de institucións sen fins de lucro ao servizo dos fogares, que baixou un 6,9% pese ao incremento do 22,7% intertrimestral.

A formación bruta de capital, que caeu un 9,2% en taxa anual, subiu un 17,9% respecto ao segundo trimestre; mentres a demanda interna caeu un 5,4% nun ano pero aumentou un 16,1% no últimos tres meses.

Pola súa banda, as exportacións rexistraron un lixeiro ascenso do 0,9% en comparación con 12 meses atrás e a alza foi do 35% en taxa intertrimestral, do mesmo xeito que as importacións creceron un 2,4% e un 39,1%, respectivamente.

comentarios