Os EREs non pactados disparáronse nun 317% desde a reforma laboral

O número de traballadores e traballadoras afectadas por estes expedientes multiplicáronse por catro en comparanza co ano pasado
Mobilización de empregad@s de Adolfo Domínguez
photo_camera Mobilización de empregad@s de Adolfo Domínguez

A reforma laboral aprobada polo goberno do PP está a dinamitar dereitos laborais a un ritmo case que se podería decir 'desenfrenado". Unha realidade que vén de ser denunciada no Congreso español pola deputada Olaia Fernández Davila. A parlamentaria sinalou que os EREs non pactados incrementáronse nun 317% e os traballadores afectados multiplicáronse por catro en relación ao ano pasado, e todo a raíz da reforma laboral.

Alén dis, salientou a deputada nacionalista cando se dirixiu á ministra de Emprego, “a súa reforma laboral logrou unha rebaixa salarial que sitúa o salario no Estado español nun 11% por debaixo da media da UE. A reforma laboral remataba hoxe definitivamente a súa tramitación despois de voltar do Senado.

Davila ironizou coa situación creada desde a aplicación do Real Decreto de Reforma Laboral sinalando que “con estes dados tan positivos sobre o benestar das maiorías sociais, hoxe se vai votar o proxecto de lei que, desde logo contará co voto en contra do BNG”. Afirmou que o último trámite da reforma laboral vén a demostrar que “co PP todo pode ir a pior. A Lei saiu do Congreso pior, e volta do Senado pior”.

Comentarios