O PP xa fala de despedir empregad@s públic@s

A presidenta da Comisión de Economía no Congreso afirma que o recorte de salarios aos e ás funcionarias non é de abondo e que haberá que eliminar empregos públicos

Baixar o salarios dos e das funcionarias non é de abondo para conquerir unha administración "sostíbel", sostén Elvira Rodríguez, deputada do PP e presidenta da Comisión de Economía e Competitividade. Así que é "imprescindíbel levar a cabo unha reforma das administracións" que conlevaría, recoñece, eliminar empregos públicos.

ESo si, Rodríguez apunta que os empregos públicos que "terán que desaparecer" non terían que afectar necesariamente ao funcionarado, senón aos "postos de traballo" que medraron como "cogomelos" nos anos de "bonanza económica".

Comentarios