Nova acción para exixir solucións para o naval

Un grupo de traballadores/as e delegados/as sindicais do Naval da Ría de Vigo convocadas pola CIG realizaron un corte de tráfico en Bouzas para reclamar unha solución á crise do sector.

A protesta forma parte do calendario de mobilizacións da central nacionalista, que até o de agora incluían concentracións todos os xoves. A marcha partiu arredor das 10.30 horas do estaleiro Barreras e percorreu Beiramar até Bouzas, onde por espazo de 15 minutos interrompeuse a circulación na rotonda de acceso á Zona Franca. Pasadas as 12.00 horas regresaban a Barreras.

Ao remate da mobilización os traballadores/as incidiron na necesidade de retomar as concentracións semanais e recuperar a presenza na rúa para facer visíbel o conflito laboral. Ao mesmo tempo, adiantaron que participarán activamente na paro parcial convocado pola CIG na comarca de Ferrol para o vindeiro día 28.

Comentarios